Préstamos IFI

Título

Préstamos IFI

Descripción

Apoiar financeiramente a pemes promovidas por emprendedores mediante préstamos a tipos de xuro reducidos, para que acometan os investimentos necesarios para a posta en marcha do negocio en Galicia.


Resumen

Prazo de solicitude
Dende 02/11/2017 ata 31/12/2018

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios aquelas sociedades mercantís, que sean pequenas, medianas ou microempresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo 1.
c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
Tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.
Requisitos principiais do Proxeto
O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 euros.
O proxecto para financiar deberá basearse nun Plan de Empresa e deberá consistir na creación dun novo establecemento ou na mellora da competitividade dun xa existente.
Acreditación de financiamento bancario complementario: Polo menos o 25% do custo total elixible do proxecto financiarase mediante un ou varios préstamos bancarios cun prazo de devolución igual ou superior a 4 anos, cun prazo máximo de carencia de 2 anos.
Investimentos e gastos subvencionables
a) Activos fixos materiais: Adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipo, mobiliario. O importe financiable en concepto de terreos non poderá superar o 10% do importe do préstamo.
b) Activos intanxibles: Aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D+i e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica, que deberán cumprir ademais todas estas condicións: 1º empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2º consideraranse activos amortizables; 3º adquiriranse a terceiros en condicións de mercado, 4º e deberán figurar no activo da empresa.
c) Capital circulante necesario, sempre que este último cuantifíquese a necesidade do seu financiamento no Plan de Empresa e a súa contía non exceda o 50% do proxecto total financiable.
Contía das axudas
O importe mínimo do préstamo será de 50.000 euros e o máximo de 200.000 euros. En ningún caso superará o 50% do custo do proxecto financiable.
Prazos de amortización e de carencia Establécense dúas modalidades de prazo: a 8 e a 10 anos, ambas con 2 anos de carencia.
Tipo de xuro:
-Tipo de referencia: Será a media do Euribor a 1 ano
– Marxe adicional: Ata o vencemento final do financiamento bancario complementario, a marxe adicional será de 0,5 puntos porcentuais.
Desde o vencemento do devandito financiamento bancario será de 3 puntos porcentuais.
O tipo de xuro será do 0% cando resulte negativo.
Garantías: Non se requirirá a achega de garantías adicionais á responsabilidade da sociedade prestameira.


SOLICITAR INFORMACIÓN






* Campos obligatorios
política de privacidad

Contacta
close slider
Contacta con nosotros


Nombre y apellidos*
Email*

Domicilio

Población
Provincia

Asunto

Seleccione un departamento:

Mensaje


* Campos obligatorios

LOPD . - ALVAREZ REAL, SL trata sus datos con el fin de gestionar la consulta, queja, sugerencia y/o reclamación, basándose en el interés legítimo. Usted puede ejercer sus derechos en cualquier momento, solicitándolo en AVDA.
CORUÑA, 39 - 27003 LUGO (Lugo). Consulte la información adicional y detallada en política de privacidad