Título
Programa a prol da contratación e formación das persoas menores de 30 anos.
Descripción
Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e formación por conta allea de persoas menores de 30 anos.
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Resumen
Prazo de solicitude
Dende 14/04/2018 ata 01/10/2018
Contratacions realizadas entre o 16/12/2017 e o 13/04/2018 ata o 13/06/2018.
Contratacions a partir do 14/04/2018: dous meses dende a contratación.
Beneficiarios
1. A persoa desempregada pola que se solicita a subvención á contratación ten que cumprir os seguintes requisitos:
– Ser menor de 30 anos.
– Estar en situación de desemprego no momento do inicio da relación laboral.
2. A xornada da contratación inicial será a tempo completo ou a tempo parcial. No caso da xornada a tempo parcial deberá de ser igual ou superior ao 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada máxima legal.
3. O contrato laboral será dunha duración mínima inicial de doce meses.
4. Tense que incrementar o emprego neto da empresa respecto aos tres meses anteriores ao mes de contración.
1. A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación.
2. A acción formativa deberá ter unha duración mínima de 50 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo ás que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.
3. A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato.
b) BONO FORMACIÓN: 2.000 euros.